Obxectivos xerais da Orientación Educativa
- Contribuir à personalización da educación axustando a resposta educativa às necesidades particulares dos alunos/as.
- Favorecer as aprendizaxes significtivas, funcionais e inseridas no contorno.
- Colaborar no desenvolvimento da própria identidade, dos procesos de madurez persoal e de toma de decisións.
- Asegurar a continuidade educativa através das diferentes áreas, ciclos e etapas.
A orientación das persoas adultas comparte e persegue estes mesmos obxectivos xerais. Porén, o alunado adulto mostra -xunto à habitual diversidade de capacidades, ritmos e intereses- unha maior diversidade de idades e de experiéncias vitais que as accións orientadoras deben necesariamente levar en conta.
Contidos das accións orientadoras
| - Acollimento e integración no grupo | |
| - Convivéncia e participación no centro | |
| - Hábitos de estudo e estratéxias de aprendizaxe | |
| - Avaliación e seguimento do proceso de ensino e aprendizaxe | |
| - Toma de decisións vocacionais | |
| - Itinerários académicos e profesionais | |
| - Procura de emprego e mundo laboral |