Propiedades do proxecto
Ao crear un recurso desde cero en eXeLearning, a primeira pantalla que aparece corresponde á lapela Metadatos. Nela recóllese a información básica que identifica o recurso e facilita a súa organización, publicación e reutilización posterior.
É importante configurar ben o idioma do recurso porque esta propiedade determina algúns dos textos que engade por defecto eXeLearning.
Para ver de o panel de propiedades durante a edición dun REA pódese utilizar a opción do menú Ficheiro ou premer na icona de Propiedades do proxecto.
Opcións de exportación
A lapela Opcións de exportación permite configurar algunhas características que se aplicarán ao recurso na exportación.
Desde aquí podemos activar ou desactivar funcións relacionadas coa edición posterior, a navegación, a accesibilidade ou a visualización de determinados contidos.
| Opción | Descrición |
|---|---|
| Exportación editable | Permite que o recurso exportado conserve a posibilidade de ser editado posteriormente. É útil cando queremos facilitar a reutilización ou adaptación do material. Esta opción mantense por compatibilidade con versións anteriores de eXeLearning. Nas versións recentes todas as exportacións son editables. |
| Contador de páxinas | Mostra unha numeración ou contador que axuda a identificar o avance dentro do recurso. Pode resultar útil en materiais con varias páxinas ou seccións. |
| Barra de accesibilidade | Engade unha barra con opcións que facilitan a adaptación visual do contido, mellorando a experiencia de uso para distintas necesidades do alumnado. |
| Enlace “Feito con eXeLearning” | Permite mostrar ou ocultar o enlace que identifica que o recurso foi creado con eXeLearning. |
| Buscador | Engade un botóns de procura dentro dentro do recurso cando se exporta como sitio web. Facilita localizar palabras ou contidos concretos en proxectos extensos. |
| Incluír MathJax | Activa o soporte para mostrar correctamente fórmulas e funcións matemáticas avanzadas. Para uso básico de LaTeX non é preciso marcar esta opción. |
| Tipografía global | Permite seleccionar a fonte xeral que se aplicará ao conxunto do recurso, mantendo unha aparencia visual coherente en todas as súas páxinas. |
