Orientacións para utilizar o marco DUA 3.0 nos REA.
|
Principio DUA |
Acción de deseño |
Exemplo nun REA |
|
Múltiples medios de representación |
Ofrecer o mesmo contido en distintos formatos. |
Un concepto explicado en texto, en vídeo con subtítulos, texto a voz, infografía, elementos gráficos para apoio visual. Ofrecer lectura facilitada segundo os criterios de cREAgal. |
|
Múltiples medios de acción e expresión |
Dar ao alumno opcións para demostrar o aprendido. |
Engadir tarefas diversas, combinando actividades interactivas e propostas desconectadas. |
|
Múltiples medios de implicación |
Conectar o contido co interese e a motivación do alumno. |
Introducir o tema cun caso real relevante ou permitir escoller o contexto de aplicación. Definir un reto ben contextualizado e relevante para o alumnado. Manter o contexto ao longo do REA |
|
Progresión flexíbel |
Permitir avanzar ao propio ritmo e revisar os contidos. |
Actividades con retroalimentación inmediata e posibilidade de revisar e repetir. Utilizar rúbricas e/ou listas de cotexo para que o alumnado coñeza os elementos de valoración das propostas de traballo. Ofrecer diferentes vías para resolver o reto. Diversificar o formato e características das tarefas. |
|
Apoio ao vocabulario |
Incluír glosarios, explicacións e exemplos contextualizados. |
Engadir un iDevice co glosario ao inicio da páxina cando sexa preciso. Explicar os termos técnicos dentro do propio recurso ou no glosario. Utilizar os mesmos termos para referirse ao mesmo concepto. Simplificar e adaptar á idade do alumno a redacción das frases. |
Como dar feedback?
- O feedback debe versar sobre o resultado da tarefa, o proceso realizado para completala ou os procesos metacognitivos implicados. Preferiblemente estes dous últimos.
- O feedback debe evitar facer referencia ao alumnado, á súa habilidade ou o seu nivel de esforzo.
- Ante respostas correctas, o feedback debe ser diverso e non demasiado efusivo. Cando sexa posible, debe repetir a resposta correcta ou remarcar por que é correcta.
- Ante respostas incorrectas, o feedback non debe proporcionar a resposta correcta, senón pistas que axuden o alumnado a evocala. Cando este feedback non é suficiente para que o alumnado acade a solución, entón debe derivar cara a unha reexplicación.
- O feedback debe focalizarse en orientar o alumnado sobre que facer para mellorar.
- O feedback debe ser preciso nas súas indicacións, non dar mensaxes xenéricas.
- O feedback pode incorporar mensaxes motivacionais explícitos que:
- Resten importancia ao erro (dando a entender que é parte natural do proceso de aprendizaxe) ou o expoñan como un aliado da aprendizaxe.
- Fagan referencia á complexidade da tarefa e poñan en relación o esforzo necesario para dominala.
- Expliquen como funciona o cerebro e subliñen a súa capacidade de aprender, en especial o feito que aprende máis canto máis necesita esforzarse.
- Mostren «a paixón» do titor virtual pola materia.
A táboa «Aplicar o marco DUA nos REA de cREAgal» e unha adaptación do artigo «El candado invisible: la accesibilidad en los recursos educativos abiertos» do CEDEC. Licenza CC-BY-SA 3.0