
Se inclúes ligazóns no teu REA comproba que funcionan, que non están rotas e que teñen unha descrición única.
Preciso dun exemplo
- As ligazóns deben describir o destino ao que nos levan e ser diferentes ao resto.
- Se varias ligazóns levan ao mesmo destino, a descrición debe ser a mesma.
- Ademais debe ter un formato que permita diferencialo do resto de elementos.
Lembra situar sempre os elementos para navegar na mesma posición.
Preciso dun exemplo
- Xa sabes que co estilo cREAgal sempre atoparás os botóns de navegación e menú na mesma posición e despregados por defecto, aínda que a persoa usuaria pode ocultalos se o desexa.
Proporciona información sobre en que apartado do REA se atopa a persoa usuaria e o seu progreso, de maneira que poida elixir a que apartado acceder.
Preciso dun exemplo
- Como xa comentamos, o menú do REA creado con eXeLearning e estilo cREAgal permite elixir o apartado ao que se quere acceder (e mesmo incluír numeración a cada título), ademais de poder usar os botóns de avance e retroceso.
- Para marcar o progreso tamén podes incluír a paxinación do REA. En eXeLearning podes facelo activando o "Modo avanzado">"Propiedades">"Exportar"
Comproba que o teu REA volve á configuración inicial cando se cambia de apartado ou recarga a páxina e podes pechalo e saír del en calquera punto.
Preciso dun exemplo
- En eXeLearning as actividades interactivas, os despregables e o resto de elementos que cambian segundo a interacción coa persoa usuaria volven á súa aparencia e configuración inicial cando se recarga a páxina ou se cambia de apartado.