Todos os apartados do REA teñen un título que describe o propósito do apartado e son accesibles.
Preciso dun exemplo
- Cando editas con eXeLearning os títulos de cada apartado do menú (os diferentes escenarios) prográmanse co atributo
Estrutura a información e o contido da túa REA a través dun índice ou menú no que os apartados/subapartados están organizados semanticamente e con botóns para avanzar ou retroceder.
Preciso dun exemplo
- Co estilo cREAgal o índice ou menú está dispoñible por defecto na parte esquerda da pantalla, con fondo de cor azul. Desta maneira pódese acceder a eles de maneira directa ou mediante produtos de apoio. Ademais os botóns de avance e retroceso están dispoñibles en cada páxina (con alto contraste).
- Se inclúes subapartados, despréganse unha vez se accede ao nodo correspondente. Lembra, para as SA co estilo cREAgal, non incluír máis de dous subapartados e numerar só os dous primeiros.
- Para que sexan distinguibles, ademais de polo formato pola relación entre eles, podes incluír unha numeración en cada apartado que defina relacións e xerarquías.
Se inclúes contido que se abre en xanela nova, esta debe ofrecer opcións, por exemplo, para maximizar, minimizar e pechar.
Preciso dun exemplo
- Neste exemplo podes ver diferentes opcións para a xanela emerxente (iconas para maximizar, minimizar e pechar).
