Section outline
-
Moi boas amig@s!! aproveitaremos para coñecer un pouquiño a igrexa, por dentro e por fóra, a casa do noso amigo Xesús, que como bo amigo, sempre nos convida a ir a ela. Compre diferenciar a igrexa da misa, a primeira é o edificio, e a misa é o que celebramos dentro e que fai o cura.
Que mellor que empezar cantando, neste caso unha canción da Igrexa. Agardo que vos guste. Premendo na seguinte imaxe poderás desfrutala.
A quen non lle gusta facer un puzzle online? Déixovos un puzzle, sobre a temática que nos ocupa. Premendo na seguinte imaxe poderedes facer o puzzle que forma o mesmo debuxo.
Por outra parte, atoparedes un encrucillado no que podedes colorear os debuxos, para o que amosa varias opcións. Atoparédelo premendo nesta palabra ENCRUCILLADO.
Podedes (os que queirades) compartir por aquí o que fixestes a través dunha foto, subíndoa á aula virtual, ou mandándoa a msoniare@gmail.com Como podedes comentar o que queirades e vos apetezca, todo será ben recibido. Un bico moi grande para vós as vosas familias.-
Unha vez feito o encrucillado, si queres subea aquí
-
-
Ola peques, esta semana toca coñecer un pouco mellor a María, a mamá de Xesús. O mes de Maio está adicado a Virxen María. Deixovos unha canciòn para saber un pouquiño mais dela,
Preme na imaxe para escoitala.
Agora toca divertirnos un pouco tedes dus xogos, onde podedes ver o que aprendíchedes.
Para xogar a eles tedes que premer en cada unha das imaxes de María que tedes a continuación.
O mes de maio adicámolo a María , e neste mes celébrase o día da nai, para que lle teñades un detalliño deixovos a continuación un vídeo onde se explica como facerlle un detalliño a mamá. Tarxeta para o día da nai. Preme no regalo para ver o vídeo.Si queredes mandarme unha foto do voso traballo e da tarxeta, podedes facelo pola aula virtual, e si tedes problemas, podedes usar tamén o meu correo-e msoniare@gmail.com
-
Podedes mandar unha foto do teu traballo AQUÍ
-
-
Ola peques unha semana máis deixovos as actividades. Espero que vos gusten. A partir de agora imos traballar cos valores cristiáns e esta semana comezamos con un valor que é moi importante e que nesta época é moi necesario facer crecer, ainda que sexa na distancia. A AMIZADE.
Para traballar este valor, deixovos un vídeo onde o protagonista é un dos Minions, nel podemos descubrir a forma nace a amizadeentre él e un robot. Xuntos van a disfrutar de moitas aventuras. Mostra como as veces hai que buscar o mellor para un amigo, aínda que non sexa o mellor para nos… Disfrutade da curta.Podedes vela premendo na imaxe.
1-Completa a seguinte mensaxe, cambiando os números polas vogais, que correspondan.
2-Agora propóñovos facerlle un debuxo a un amigo, de un compañeiro, e podes mandarlle a foto do teu debuxo ao teu amigo, pídelle a mamá ou papá, que manden esa foto por whatsapp.
E como sempre podes mandarme os traballos, pola aula virtual, ou polo meu correo msoniare@gmail.com
-
Unha semana máis deixovos unhas tarefas para entreterse un pouquiño. Hoxe toca divertirse en familia, porque sabemos o ben que o pasamos ca nosa familia, e o moito que os queremos. O conto desta semana transcorre nunha cociña, e como sabedes é o lugar onde atopamos moitos ingredientes para facer deliciosos biscoitos...Pero tamén ensínanos un ingrediente moi especial que vemos nesta familia, é o AMOR que hai entre todos os integrantes.
-
Contestar as preguntas que hai na ficha que atoparedes no documento adxunto.
-
Para celebrar o día da familia que é venres 15 de maio, propóñovos a seguinte manualidade para facer xuntos. E será un bonito recordo para ter na casa.
Cadro de Corazón
Materiais:
-
Cartulina branca
-
Pintura de dedos de cores
-
Lápis
-
Os pulgares dos membros da túa familia
Pasos
-
Debuxa cun trazo fino e sen marcar demasiado, o contorno dun corazón sobre a cartulina branca.
-
Todos os membros da familia teñen que mollar o polgar na pintura de dedos, cada un dun color. (tedes que ter tantas cores como membros da familia, cada un debe elexir unha cor que o identifique).
-
Haberá que encher cas pegadas para rechear o corazón, que tedes previamente pintado con lápis moi suave.
-
Podedes añadir , na parte inferior do cadro, a pegada de cada un ca súa cor correspondente e o nome da persoa a quen pertence.
E como sempre podes mandarme os traballos, pola aula virtual, ou polo meu correo msoniare@gmail.com
-
Descubre o que aprendiches do conto.
-
-
Unha semana máis continuamos co tema da familia. Deixovos unha canción, Que debedes intentar aprender. Preme na imaxe para poder escoitala. Espero que vos guste.
1.LETRA CANCIÓN “MI FAMILIA” Podedes cantala xuntos
2. Contesta as seguintes preguntas relacionadas ca canción:
Quen é a familia?
-
A xente que nos quere.
-
Só papá e mamá
Que parentescos aparecen?
-
Mamá, papá, avó, avoa, tios, primos
-
Mamá, papá e os tios
O neno da canción quere a:
-
Familia, aos amigos e maestros
-
Familia pero non aos amigos
3. Fai un debuxo sobre a canción, onde aparezan todos as persoas que son a túa familia.
Esi queredes mandarme as vosas respostas e o voso debuxo, eu estaría encantada de recibilo. xa sabedes a msoniare@gmail.com UN BIQUIÑO.
-
-
Esta semana toca falar do valor da “prudencia”.Desde pequenos, as vosas familias vos ensinan a ser prudentes, cando nos mostran como debemos camiñar pola rúa, cando nos ensinan que non debemos cruzar sen mirar aos lados, nin co semáforo en vermello, a comida que nos fai mellor, que é máis sana, como nos facemos dano cando caemos, non tocar aquelas cousas que son perigosas. Imos a ser capaces de diferenciar o que é prudente do que é imprudente. para iso deixovos un vídeo, onde se aprecian as dúas cousas.
1.Contestar as seguintes preguntas sobre a parábola, marca a opción verdadeira.
Quen é o home prudente?
a)O home que fixo a casa na area
b)O home que fixo a casa na roca
Quen é o home imprudente?
a)O home que fixo a casa na roca
b)O home que fixo a casa na area
Quen axuda ao home a construir de forma segura?
a)Xesús
b)Xosé
2 XOGO.Que é prudente e imprudente.
Materiais: Revistas, fotos, noticias (onde apareza información ou fotos de persoas prudentes e imprudentes)
Instruccións: Xogar cos nenos para ver se son capaces de distinguir entre o que é prudente e o que non o é. Sobre todo nestes momentos nos que son tan necesaria a responsabilidade dos nosos actos. Deixovos algúns exemplos. tamén podedes xogar cando saídes da casa, que o nen@ descubra aquelo que ve se é prudente.
-
Estamos na recta final do curso e ides a facer unha tarefa distinta ás que estivemos facendo ata o momento.
Para estas dúas semanas, mándovos a última tarefa.
Consiste en desfrutar dunha película relacionada cos valores cristiáns que estivemos traballando nas semanas pasadas. Para poder vela debedes premer na seguinte imaxe.