Section outline

  • Moi boas amig@s!! aproveitaremos para coñecer un pouquiño a igrexa, por dentro e por fóra, a casa do noso amigo Xesús, que como bo amigo, sempre nos convida a ir a ela. Compre diferenciar a igrexa da misa, a primeira é o edificio, e a misa é o que celebramos dentro e que fai o cura.

    Que mellor que empezar cantando, neste caso unha canción da Igrexa. Agardo que vos guste. Premendo na seguinte imaxe poderás desfrutala. 

    A quen non lle gusta facer un puzzle online? Déixovos un puzzle, sobre a temática que nos ocupa. Premendo na seguinte imaxe poderedes facer o puzzle que forma o mesmo debuxo.

     

    Por outra parte, atoparedes un encrucillado no que podedes colorear os debuxos, para o que amosa varias opcións. Atoparédelo premendo nesta palabra ENCRUCILLADO.

    Podedes (os que queirades) compartir por aquí o que fixestes a través dunha foto, subíndoa á aula virtual, ou mandándoa a msoniare@gmail.com Como podedes comentar o que queirades e vos apetezca, todo será ben recibido. Un bico moi grande para vós as vosas familias.