Section outline
-
Unha semana máis deixovos unhas tarefas para entreterse un pouquiño. Hoxe toca divertirse en familia, porque sabemos o ben que o pasamos ca nosa familia, e o moito que os queremos. O conto desta semana transcorre nunha cociña, e como sabedes é o lugar onde atopamos moitos ingredientes para facer deliciosos biscoitos...Pero tamén ensínanos un ingrediente moi especial que vemos nesta familia, é o AMOR que hai entre todos os integrantes.
-
Contestar as preguntas que hai na ficha que atoparedes no documento adxunto.
-
Para celebrar o día da familia que é venres 15 de maio, propóñovos a seguinte manualidade para facer xuntos. E será un bonito recordo para ter na casa.
Cadro de Corazón
Materiais:
-
Cartulina branca
-
Pintura de dedos de cores
-
Lápis
-
Os pulgares dos membros da túa familia
Pasos
-
Debuxa cun trazo fino e sen marcar demasiado, o contorno dun corazón sobre a cartulina branca.
-
Todos os membros da familia teñen que mollar o polgar na pintura de dedos, cada un dun color. (tedes que ter tantas cores como membros da familia, cada un debe elexir unha cor que o identifique).
-
Haberá que encher cas pegadas para rechear o corazón, que tedes previamente pintado con lápis moi suave.
-
Podedes añadir , na parte inferior do cadro, a pegada de cada un ca súa cor correspondente e o nome da persoa a quen pertence.
E como sempre podes mandarme os traballos, pola aula virtual, ou polo meu correo msoniare@gmail.com
-
Descubre o que aprendiches do conto.
-