Section outline
-
Esta semana toca falar do valor da “prudencia”.Desde pequenos, as vosas familias vos ensinan a ser prudentes, cando nos mostran como debemos camiñar pola rúa, cando nos ensinan que non debemos cruzar sen mirar aos lados, nin co semáforo en vermello, a comida que nos fai mellor, que é máis sana, como nos facemos dano cando caemos, non tocar aquelas cousas que son perigosas. Imos a ser capaces de diferenciar o que é prudente do que é imprudente. para iso deixovos un vídeo, onde se aprecian as dúas cousas.
1.Contestar as seguintes preguntas sobre a parábola, marca a opción verdadeira.
Quen é o home prudente?
a)O home que fixo a casa na area
b)O home que fixo a casa na roca
Quen é o home imprudente?
a)O home que fixo a casa na roca
b)O home que fixo a casa na area
Quen axuda ao home a construir de forma segura?
a)Xesús
b)Xosé
2 XOGO.Que é prudente e imprudente.
Materiais: Revistas, fotos, noticias (onde apareza información ou fotos de persoas prudentes e imprudentes)
Instruccións: Xogar cos nenos para ver se son capaces de distinguir entre o que é prudente e o que non o é. Sobre todo nestes momentos nos que son tan necesaria a responsabilidade dos nosos actos. Deixovos algúns exemplos. tamén podedes xogar cando saídes da casa, que o nen@ descubra aquelo que ve se é prudente.