Ir o contido principal
Inicio
CPI dos Dices

Navegación principal

  • Inicio
User account menu
  • Blogs
  • Iniciar sesión
  • O Centro
    • Documentos do Centro
    • Novas
    • Datos do centro
      • Localización e contacto
      • Horario
      • Instalacións
    • Organigrama
  • Documentación
    • Alumnado
    • Familia
    • Profesorado
  • Comedor
    • Menús
    • Avisos
    • Documentación
  • Transporte
    • Transporte
  • Aula Virtual
  • EVA Edixgal
  • Portal Educativo
  • Correo EDU
  • Dinahosting
  • Incidencias TIC
dices2
dices1
CLUB DE LECTURA _2º ESO e 3º ESO

A primeira lectura do club de 2º da ESO é I´m Obélix, unha novela de Raquel Fernández, que sempre resulta interesante ao alumnado, porque trata temas que para eles son moi próximos e cos que se identifican. 

De momento, levamos lido unhas 35 páxinas, pero de aquí a decembro contamos con rematar todo o libro. 

Por outra parte, o alumnado de 3º da ESO, tamén comezou o libro deste trimestre, La estrategia del parásito, de César Malloquí. De momento, parece que ten moi boa acollida e a historia resulta moi interesante e emocionante. 

Menú de outubro.
CLUB DE LECTURA 2026-2027 "As pintoras daltónicas"

Comezamos o Club de Lectura do curso 26-27!! Anímate e participa!!

O noso curruncho de Secundaria:

Reunión infantil en setembro
Libros de texto 26-27

No seguinte arquivo plublícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso escolar. Recoméndanse ler con atención os diferentes avisos que aparecen nel. 

Solicitude uso do transporte escolar 26-27.

Xuntamos o documento para a solicitude do uso do transporte escolar para o curso 26-27 para a súa descarga.

O prazo remata o 7 de xullo.

O documento debe entregarse na oficina de administración do centro.

Documentos de solicitude do comedor e persoas colaboradoras.

Xuntamos os documentos para a solicitude  do comedor e tamén para as persoas colaboradoras do comedor para a súa descarga.

O prazo de solicitude remata o 5 de setembro.

Os documentos débense achegar na oficina de administración do centro.

 

Matrícula curso 2026/27

A matrícula para o curso 2026/27 poderá formalizarse de xeito:

 Presencial mediante sobre de matrícula:

 

Os prazos de matrícula son os seguintes:

 

  • Educación infantil e educación primaria: do 20 ao 30 de xuño.

  • Educación secundaria obrigatoria: do 23 de xuño ao 07 de xullo.

 

Recoméndanse as seguintes datas para a formalización da matrícula da ESO para a mellor organización do centro:

 

4º ESO: 26 de xuño

3º ESO: 29 de xuño

2º ESO: 30 de xuño

1º ESO: 1 de xullo

 

 

En liña mediante a aplicación Admisión Alumnado:

As instrucións para formalizar a matrícula en liña a través da aplicación Admisión alumnado atópanse no seguinte documento: Instrucións para a matrícula en liña.

Para a matrícula do alumnado de 3º e 4 da ESO é preciso facer o pagamento do Seguro Escolar Obrigatorio. Deberá facerse ingreso ou transferencia do importe do seguro escolar: 1,12€ na conta ES98 2080 0328 9530 4000 0902 co concepto: SeguroEscolar_NomeAlumno/a


Ademais das instrucións achéganse os modelos de documentos a cubrir que se precisan para

 formalizar a matrícula:

- Autorización de imaxe

- Autorización saídas e recollidas

- Enquisa Lingua Materna para Educación Infantil


 

Un libro nun minuto.

Un libro nun minuto é unha actividade do Club de Lectura do alumnado de 5º de primaria do CPI dos Dices. Nela presentamos os libros que traballamos neste curso coa finalidade de promocionar a lectura entre todo o alumnado.

Os primeiros libros que presentamos son os seguintes:

O Rei Cuu.

Xinfu e a maldición Guauchuky.

Plan de rescate.

Escarlatina, a cociñeira defunta.

CLUB DE LECTURA "AS PINTORAS DALTÓNICAS" - EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Rematamos o club de lectura As pintoras daltónicas e mais as actividades do EDLG por este curso 2025-26 con unha xornada moi especial. 

Cóntoche. Fomos visitar a Casa Museo Rosalía de Castro (na Matanza-Padrón) o 2 de xuño e, ademais de nos faceren un percorrido pola vida e obra da escritora - e tamén da súa familia -, ao final, metéronnos nunha sala da que só podiamos saír se eramos quen de resolver unhas pistas e atopar a chave que abrise a porta. Claro, estabamos nun escape room! 

Creo que o fixemos demasiado ben, porque atopamos a chave, tivemos que saír e non nos quedou outra que volver para o centro!

 

grupo ESO escape room casa de Rosalía

 

Paxinación

  • 1
  • Páxina Seguinte
Biblioteca Lois Aldegunde
Club de Lectura
InnovalabPIE
Blogs
Club de ciencia
Actividades
EDNLG
ANPA
Corpo
Facebook
Instagram
Programas educativos
Powered by Drupal