Section outline

    • Toda esa páxina é de exercicios para escoller "A" ou "AN". Chupado, cando teñas feitos varios e xa o comprendas podes deixalo.

    • Recorda: SOME: Úsase en afirmativas, e tamén en pregunta se son peticións ou ofrecementos. Pero recorda o importante: Úsase para afirmativas. ANY: Úsase para preguntas e negativas.

      Toda a páxina está chea de exercicios moi parecidos, cando xa teñas entendido ben como funcionan "some/any" e tamén o que significan xa non fagas máis.

    • Mira o que ten escrito na pizarra e intenta entender o que che di. Non tes que entender todas as palabras.

    • Neste vídeo tedes a explicación de cando se usa LITTLE (A LITTLE) // FEW (A FEW). Non vos preocupedes se non entendedes todo o importante é entender o básico.

      LITTLE: Para non contables.

      FEW: Para contables.

    • Practica neste enlace o visto anteriormente. Fai os exercicios máis sinxelos. Cando xa o teñas claro podes deixar de facer exercicios.

    •  

      MONDAY, 27TH APRIL, 2020

      1. Copia as oracións na libreta, sé ordenad@. Cada oración conténn “QUANTIFÏER”. Está suliñado. Escribe ao lado da oración a quen modifica ese Quantifier.

      Example:  “With a little help of my friends” by Joe Cocker : “A little” modifica a “help” que é unha palabra non contable.

       

      1. Busca en “Linguee” as palabras que non coñezas e  traduce as oracións ao galego ou ao castellano. 

      FRASE PARA ANALIZAR

      “With a little help of my friends” by Joe Cocker.

       “The way to know life is to love many things” by Vincent Van Gogh.

      Much effort, much prosperity” by Eurípides.

      “If you have a family that loves you, a few good friends, food on your table and a roof over your head you are richer than you think”

      “It’s better to have few real friends than to have a thousand fake ones”

      “Books, like friends, should be few and well chosen” by Samuel Johnson

    • 1.Usando o debuxo que tes nesta páxina escribe oracións na libreta con "QUANTIFIERS". Usa SOME, A (AN), MUCH, MANY, FEW, LITTLE, ANY, A LOT OF, HOW MUCH, HOW MANY (CANTOS ou CANTO en pregunta: HOW MUCH en pregunta non contables, e HOW MANY en pregunta contables).

      Non te preocupes do resto da fixa, é solo para que teñas o debuxo de referencia. Tamén tes aí o vocabulario que tamén te axudará.

      2. Unha vez que tes feitas esas oracións, serían 10, vas a  UNIT 3: GOING SHOPPING de EDIXGAL, e alí, antes de entrar no tema, tes unha TAREFA, para facer, é tan sinxela como que me escribas esas oracións e mas mandes.

      3. Por último, prepara ben esas oracións de forma oral e gravate en FLIPGRID, pódelas ler, por suposto, non tes que sabelas de memoria. Busca a pronunciación das palabras e escoitaas antes de gravarte.

      Ánimo, a ver como sae isto.

      Tes ata o martes que ven para facer estas tres tarefas.

      NOTA: Se non podes ir á páxina onde está o debuxo, no enlace (a min estame dando fallos) invéntate unha despensa ou nevera imaginaria.

      AS ORACIÓNS DEBERAN EMPEZAR CON "THERE IS ..." OU "THERE ARE..." SE SON AFIRMATIVAS, CLARO.

    • Tede paciencia ao cargar a páxina. Se non vos vai de ningunha maneira deixádeo e mirade un vídeo divertido en inglés, pero que ensine algo,eh!

    •  Tede paciencia ao cargar a páxina, lévalle tempo. Tamén tedes que ter activado o “Flash Player” se non o tedes instalado ,non se ven as imaxes. Se non vos carga mirade algún video en “YOUTUBE” ou simplemente repasade.