Section outline

  • Neste tema imos traballar o "WEATHER" (o tempo climático, non o das horas). É mooi doado. Terás que aprender cómo se pregunta que tempo vai, o vocabulario, e repasar o verbo "TO BE". 

    • 1. Segue as instrucións da ficha que che dou a continuación.

    • Escribe o título de VOCABULARY a continuación do último que fixeches. Fai debuxos iguais ou parecidos ás palabras que vas atopar na ficha que tes a continuación (nen moi grandes, nen moi pequenos. Que che caiban 6, máis ou menos en cada páxina. RECORDA: SÉ ORDENAD@. FAI AS COUSAS BONITAS.

    • FAI NA LIBRETA AS FICHAS QUE CHE POÑO A CONTINUACIÓN. NON TES QUE DEBUXAR, CHEGA CON QUE POÑAS O NÚMERO E A PALABRA CORRECTA, BEN ESCRITA.

    • Fai esta ficha na libreta. Tes 6 debuxos. Escribes a pregunta, debaixo a resposta e deixas un espazo. Numera as preguntas.  Non fai falta que fagas os debuxos. Pódelos facer se queres, por suposto.

    • Escoita vaarias veces esta canción. Haberá algunhas palabras que non entendas, pero non importa.

    • Agora terás que copiar na libreta a ficha que che mando, que ten a letra da canción (LYRICS) pero con espazos en blanco. Unha vez que teñas copiada a canción cos espazos en blanco, encheos coas palabras correctas que escoitas no video da canción. NOTA: SERÁ MOI FÁCIL SE XA TES ESTUDADO O VOCABULARIO. 

    • Mira este vídeo varias veces e trata de repetir as palabras que coñezas que hai nel.

    • Neste vídeo repetirás os días da semana para recordalos, e tamén di unha palabra do tempo. Cal é? Repite os días da semana e escríbeos na llibreta ou nunha folla. Comproba cales tes ben escritos e cales están mal. Volve a escribir varias veces os que teñas mal.

    • Mirade este vídeo, faceds as ordes que vos manda: unha vez mirando e outra solo escoitando. Se queredes ver os subtítulos, tedes facer "clic" na rodiña que hai no video, abaixo á dereita e ir a subtitulos. Poñédeo en inglés, claro!

      Podedes escribir o texto na libreta. NOTA: sede ordenados.