Criptografía - Daniel Soto
Section outline
-
Sección onde atoparás información e recursos de interese para o curso e o foro de novas que usaredes para mantervos informados durante o curso.
-
Cifrado asimétrico en Linux
Esta práctica consiste en cifrar e descifrar ficheiros con criptografía asimética mediante a ferramenta GPG. Sigue estes pasos:
-
Xera unha parella de claves de criptografía asimétrica cos valores predeterminados.
-
Lista o anel de claves para comprobar que estean almacenadas.
-
Exporta a clave pública e cópiaa no directorio /tmp
-
Accede con outro usuario (créao se non o fixeches antes)
-
Importa a clave pública no anel de claves
-
Crea unha mensaxe e cífraa coa clave pública
-
Copia a mensaxe cifrada ao cartafol /tmp
-
Volve a acceder co usuario inicial e descifra a mensaxe.
Proba a repetir os mesmos pasos pero en lugar de empregar dous usuarios da mesma máquina, envíalle a túa clave pública a un compañeiro, que che envía a ti unha mensaxe cifrada con esta clave pública (USB, correo-e...).
-
Foro de consulta e dúbidas
-
-
Creación de certificado autorfirmado con openssl (a revisar en clase, sen entrega)
Utiliza a ferramenta openssl para xerar un certificado autofirmado. Os pasos a seguir son estes:
- Xera un par de claves pública e privada con openssl.
- Xera unha solicitude de certificado.
- Xera o teu propio certificado autofirmado.
-
Foro de consulta e dúbidas