Actividade de Cifrado asimétrico usando Linux e GPG
Cifrado asimétrico en Linux
Esta práctica consiste en cifrar e descifrar ficheiros con criptografía asimética mediante a ferramenta GPG. Sigue estes pasos:
-
Xera unha parella de claves de criptografía asimétrica cos valores predeterminados.
-
Lista o anel de claves para comprobar que estean almacenadas.
-
Exporta a clave pública e cópiaa no directorio /tmp
-
Accede con outro usuario (créao se non o fixeches antes)
-
Importa a clave pública no anel de claves
-
Crea unha mensaxe e cífraa coa clave pública
-
Copia a mensaxe cifrada ao cartafol /tmp
-
Volve a acceder co usuario inicial e descifra a mensaxe.
Proba a repetir os mesmos pasos pero en lugar de empregar dous usuarios da mesma máquina, envíalle a túa clave pública a un compañeiro, que che envía a ti unha mensaxe cifrada con esta clave pública (USB, correo-e...).
Entrega un documento explicando cómo fixeches a actividade. Esta tarefa será discutida en clase e o documento entregado non será tido en conta para a avaliación.