Section outline

  • Cifrado asimétrico en Linux

    Esta práctica consiste en cifrar e descifrar ficheiros con criptografía asimética mediante a ferramenta GPG. Sigue estes pasos:

    1. Xera unha parella de claves de criptografía asimétrica cos valores predeterminados.

    2. Lista o anel de claves para comprobar que estean almacenadas.

    3. Exporta a clave pública e cópiaa no directorio /tmp

    4. Accede con outro usuario (créao se non o fixeches antes)

    5. Importa a clave pública no anel de claves

    6. Crea unha mensaxe e cífraa coa clave pública

    7. Copia a mensaxe cifrada ao cartafol /tmp

    8. Volve a acceder co usuario inicial e descifra a mensaxe.

    Proba a repetir os mesmos pasos pero en lugar de empregar dous usuarios da mesma máquina, envíalle a túa clave pública a un compañeiro, que che envía a ti unha mensaxe cifrada con esta clave pública (USB, correo-e...).