TRANSICIÓNS
As transicións son o que metemos entre un plano e outro. Normalmente, non facemos transicións. Cortamos e engadimos a continuación o seguinte plano. Pero podemos xogar cos espacios entre planos para transmitir contidos.
Hai moitos tipos de transicións. Pero no Ensino Secundario só imos traballar coas dúas fundamentais. As outras son moi específicas ou empregábanse nos anos setenta e oitenta e hoxe en día están desfasadas.
- Fundido en negro: consiste en abrir de negro para pasar aos poucos a unha imaxe nítida, ou ao revés. O exemplo máis básico é cando termina unha película e fai un fundido a negro. Ademáis, emprégase cando cambiamos de secuencia (unha secuencia é unha unidade de acción).
- Fundido de disolución: pasamos aos poucos dunha imaxe a outra. Unha vaise desvanecendo, deixando paso á seguinte. Pódese facer intencionadamente, ou ás veces, como último recurso se dous planos non montan ben ao corte. Pode representar un paso do tempo, para facer elipsis. Tamén como truco para ver como alguén se desvanece da imaxe.