MOVEMENTOS DA CÁMARA
1- zoom: permite pasar dun tipo de plano a outro sen cortar a imaxe. Da sensación de continuidade. Dinamismo.
https://www.youtube.com/watch?v=UQROQ8NJ954&feature=emb_logo
O problema que ides ter se tentades facer moitos zooms e o enfoque. Nun plató de cine hai unha persoa que se dedica só a enfocar a cámara. Os IPADS e moitos móviles e as cámaras teñen autofocus. Se non o teñen, a outra opción é que tomedes un plano aberto (xeral ou figura) e logo, na edición de vídeo, ampliedes pouco a pouco a imaxe, aínda que con esta opción perderedes un pouco de calidade na imaxe. (máis adiante explícovos como facelo).
2- trasfoco o rack focus: permite mudar a atención do espectador
https://www.youtube.com/watch?v=Z_xItw7Q4No&feature=emb_logo
(m.1.41)
Se grabades con unha cámara moderna ou con un móvil, podedes seleccionar que se enfoca premendo na pantalla ou no botón de rec e xa o fai só. Probablemente non vos saia á primeira, pero se o intentades varias veces, non debería haber problema.
3- A panorámica: é un movemento da cámara sobre o seu propio eixo horizontal. É dicir, de esquerda a dereita, ou viceversa. A panorámica axúdanos a descubrir un espazo na súa totalidade, ou a seguir unha acción ou a un personaxe.
-panorámica de seguimento: seguimos a un suxeito que se move. https://www.youtube.com/watch?v=hcroR9IkByE
- Panorámica de recoñecemento: Fai un percorrido lento pola escena para permitir que o espectador se fixe en todos os detalles do escenario. Pode crear dramatismo e expectación ou pode servir para mostrar certa decepción.
https://www.youtube.com/watch?v=4S4k6KsUMaE
4- O varrido é unha panorámica rápida que produce imaxes borrosas. O espectador non ten tempo de ver nítida esta panorámica, xa que con ela tratamos de atraer a atención cara á seguinte imaxe. A súa función é comparar ou contrastar.
https://www.youtube.com/watch?v=p8FKO5tDG3I&feature=emb_logo
(m 1:00)