Foro de dúbidas do Módulo 2

FORMATO DAS TAREFAS ENTREGADAS

FORMATO DAS TAREFAS ENTREGADAS

por Ana Álvarez Portela -
Número de respostas: 1
Moodle, tan so permite entregar as tarefas en formato pdf?


No meu caso, o alumnado tería que entregar tarefas en word, excel, access e power point. Incluso os exames serían con estas aplicacións, xa que os módulos que imparto son de ofimática.


Como o podería arranxar para poder levar as cualificacións e gardar as tarefas en Moodle?


Un saúdo e moitas grazas!



En resposta a Ana Álvarez Portela

Re: FORMATO DAS TAREFAS ENTREGADAS

por Enrique Cardona -

Ola, Ana.

Podes admitir as entregas no formato que ti queiras, se non indicad nada, poden poñer os arquivos que queiran... o problema está en que poden saír por calquer sitio e atoparte con formatos do máis extraño.

A idea de forzar a entregar en PDF é para poder correxir co Laucher (o da tarefa3) pero cando configuras a tarefa podés poñer que entreguen en varios formatos concretos, non só un. 

Imaxinemos que teñen que mandar unha presentación, un a mandará en PPT, outro en PPS, outros en PPTX, outro en odt... ten que quedar moi claro o formato de entrega.

Separados por comas podes aceptar máis formatos.

Un saúdo