Foro de dúbidas do Módulo 2

Opcións para Questionnaire

Opcións para Questionnaire

por Eduardo Gómez -
Número de respostas: 4

Ola:

No meu caso, descoñecía a ferramenta "Questionnaire" para crear enquisas personalizadas e me parece moi interesante polo tratamento estadístico que lle da ás respostas. Sí coñecía outra parecida que é a de "Comentarios" pero que a nivel estadístico penso que é menos potente. O que non fun de atopara en "Questionnaire" foi a opción de envío de respostas anónimas que sí aparece en "Comentarios" e que nalgún caso coido que é interesante en función do tipo de pregunta que se faga.

Ten esta opción de configuración de resposta anónima "Questionnaire"?
Un saúdo





En resposta a Eduardo Gómez

Re: Opcións para Questionnaire

por Enrique Cardona -

Cando creas o Cuestionario (o chamado Questionnaire) podes indicar en "Response Options" que sexan Anónimos... non seu se é iso o que preguntabas.a

Incluso poden ser eles os que creen as preguntas (baixo supervisión)... 

 

Desculpa polo retraso

En resposta a Enrique Cardona

Re: Opcións para Questionnaire

por Eduardo Gómez -

Grazas pola resposta Enrique. Sí, era exactamente iso, escollendo como dis "anonymous" en lugar de "fullname". Non me fixara ao crealo e xa fun directamente ás preguntas. Tamén me parece interesante a opción que comentas de que sexan eles os que creen as preguntas baixo supervisión. Como se faría iso? Hai algunha opción dentro de Editar configuración ou habería que cambiar os permisos de edición para esta actividade para o rol Student?

Un saúdo

En resposta a Eduardo Gómez

Re: Opcións para Questionnaire

por Enrique Cardona -

A opción inmediatamente superior: "Question Creation" é a actividade á que facía referencia... hai que explicar lle ao alumando cómo se fan as preguntas (o mesmo que o Questionnaire) e logo o profesor ten que "autorizar" que esas preguntas se incorporen. O procedemento é o mesmo.