1.- Tarefas (creación e corrección)
Requisitos do completado
A primeira actividade que soemos pedir ao alumnado é unha tarefa.
Como docentes hai tres cousas que debemos saber facer:
- Crear unha tarefa dentro da Aula Virtual.
- Restrinxir o acceso a esta tarefa, xa que en ocasións haberá alumnado con adaptacións que terán que realizar tarefas diferentes
- Corrixir a tarefa co PDF Launch Editor. Esta é unha posibilidade que ofrece Moodle para que o profesorado realice as correccións oportunas (xerais ou individualizadas) sobre as tarefas entregadas.
Última modificación: venres, 19 de febreiro de 2021, 1:30 PM