Foro de dúbidas do Módulo 2

BOTÓNS PARA ACCEDER AOS TEMAS OU MÓDULOS

BOTÓNS PARA ACCEDER AOS TEMAS OU MÓDULOS

por Ana Álvarez Portela -
Número de respostas: 3

Son consciente de que non é tema deste curso nin deste módulo, pero poderías ensinarnos como facer os botóns para acceder a cada módulo? Non me gustaría rematar esta tandada de cursos sen saber facer isto, paréceme que queda todo moito máis limpo evitando o scroll.

Grazas de antemán e saúdos!



En resposta a Ana Álvarez Portela

Re: BOTÓNS PARA ACCEDER AOS TEMAS OU MÓDULOS

por Enrique Cardona -

Por suposto. Preguntade o que queirades, o peor que pode pasar é que non saiba cómo sea fai...

 

Cando creas o curso ven por defecto en formato de semanas pero hai outras opcións

Neste caso puxemos un formato de botóns, que por defecto veñen con botóns redondos e un pouco "cutres" pero todo é configurable, deixovos aquí abaixo cómo están estes cursos.

En resposta a Enrique Cardona

Re: BOTÓNS PARA ACCEDER AOS TEMAS OU MÓDULOS

por Ana Álvarez Portela -

Moitas grazas Enrique, xa o pusen en práctica. Aínda lle teño que dar unhas voltas para axustar todo pero xa está en marcha.

O dos cadriños para ir marcando as actividades realizadas tamén me parece moi interesante e útil, pero polo que estiven investigando non o teñen todas as versións de Moodle, non?

Non sei que versión temos no meu centro, pero me da que non vai ser a última!


O dito, moitas grazas pola túa axuda.


En resposta a Ana Álvarez Portela

Re: BOTÓNS PARA ACCEDER AOS TEMAS OU MÓDULOS

por Enrique Cardona -

Ola, Ana, o seguimento da actividade debería estar implementado en todas as AV, o que pode ser é que na túa esté sen activar pero comentallo ao administrador da AV que o fai en dous minutos