Ola Óscar:
Sería posible que en vez de crear un novo curso na aula virtual, elaboremos as tarefas que nos vas pedindo nun curso que xa teñamos creado para o alumnado?
Sinceramente, e supoño que igual que a maioría de nós, estou ata arriba de traballo e gustaríame que as tarefas que temos que facer me servan xa para o vindeiro curso e aínda que queden esbozadas e non estean listas xa para traballar co alumnado, poida continuar traballando nelas e sexa material xa para empregar.
É dicir, quero que me vaia quedando xa traballo feito!
Grazas de antemán pola túa resposta.
Saúdos!!