Bo día a todos/as,
son Óscar, acompañareite como titor e guía neste curso de creación de contidos dixitais.
Recorda que son 4 módulos que se abrirán cada semana e media, con actividades de seguimento por cada un deles.
No primeiro módulo a idea é que tras visualizar os contidos básicos do primeiro bloque (diferencia entre recurso e ferramenta / distintas estratexias con TAC integradas) e tendo como referencia as experiencias docentes amosadas, que teñen a mesma plantilla que a tarefa que se ofrece, elaboredes unha proposta aberta co fin de que a medida que vaiades avanzando nos distintos bloques do curso se poida completar e consolidar.
A idea é que este documento inicial -a ficha da estratexia escollida- permita sistematizar o traballo ao longo do resto de bloques do curso.
Para calquera cousa que precisedes, non dubidedes en contactar (aclaracións, dúbidas sobre as tarefas, consultas sobre recursos ou ferramentas TAC nos que queiras afondar...).
Un saúdo amical,
Ímonos lendo ;-)