Section outline
Introdución ás TACs

Introdución
Gran parte do profesorado é consciente da necesidade de integrar contidos dixitais na educación regrada, mais pode sentirse desbordado pola mercadotecnia de ferramentas e propostas educativas na rede. Sen embargo, a máis das veces, as plataformas banalizan calquera intento de cambio ao non aportar un marco teórico que repare fondamente nas formas de asimilación da información, é dicir, que explique a incidencia cognitiva dos novos modos e formatos de consumir a información.

Esta situación confronta dúas culturas docentes radicalmente distintas: unha fundamentada na asimilación de información asociada aos contidos fronte outra baseada na experimentación, ligada a vivencias do mundo actual. En consonancia con esta última, a proposta de secuencia de ensino-aprendizaxe debe partir de reconsiderar os obxectivos e métodos de ensino neste marco de achega e asimilación do coñecemento ben diferente ao textual. Para iso, é necesario analizar a natureza do coñecemento e as implicacións na educación dos cambios xerados coa incorporación das TACs nas nosas vidas nesta sociedade informacional ou do coñecemento.