Introdución

Antes de comezar, fagamos unha breve reflexión sobre as teorías da aprendizaxe existentes que como docentes portamos implícita ou explicitamente nas nosas dinámicas de ensino. Cadaquén, segundo o seu método de ensino, elabora propostas ou secuencias didácticas que precisan deseñar estratexias acordes cos obxectivos de ensino. Non se trata de considerar un método mellor que outro, senón de que a súa elección veña determinada polo contexto.


Simplificando moito, podemos agrupar ditas estratexias en dúas grandes tipoloxías:

Estratexias pasivas

Afincadas na asimilación/recepción de información asociada aos contidos, cunha avaliación como certificación da aprendizaxe, acorde coa primeira das culturas docentes antes citadas.

Estratexias activas

Permiten o desenvolvemento de destrezas específicas na transformación e comunicación do coñecemento, así como un enfoque baseado na exploración de ideas, na presentación de puntos de vista alternativos e no seu desenvolvemento. En síntese, estas metodoloxías e estratexias de ensino integran e atenden aos dous compoñentes ou dimensións básicas do coñecemento: os contidos e as competencias e destrezas para acadalas.

 Dende a aparición das competencias no currículo, a meirande parte dos/as docentes transitamos dende posicións sobre a natureza do coñecemento (marco teórico) a propostas prácticas que aplican esas teorías educativas a un contexto educativo real (baseado en experiencias).




A integración das TACs no deseño e consecución (divulgación, produto final) das tarefas permite acadar ambas dimensións esenciais do coñecemento, empregando estratexias activas, sempre e cando estas ofrezan un armazón flexible e aberto nos obxectivos, fontes e recursos.