Ola Alejandra,
En primeiro lugar moitas grazas pola túa participación activa no curso. Neste pequeno curso facemos unha introdución na materia e dende o módulo tratamos de dar e explicar o uso básico da ferramenta para que cada profesional o aplique no seu contexto e circunstancias.
A ferramenta check list paréceme unha boa ferramenta para organizar o traballo en grupo pero é moi diferente como a debe utilizar unha mestra de educación infantil, primaria ou dende un ciclo de FP.
Vouche escribir unha mensaxe por privado co meu contacto para que poidamos falar de como utilicei eu a ferramenta no meu contexto (organizar unha actividade relacionada co entroido) e espero poder axudarte a afondar para a tutorización de proxectos.
Unha aperta.
Estamos en contacto.