Ao acceder ao libro de cualificacións por medio da Vista simple, podemos ver a seguinte pantalla que nos permitirá:
- Xestionar os instrumentos de avaliación ou elementos de cualificación.
- Xestionar as categorías de avaliación.
- Incluir o proceso de avaliación: método de cualificación e pesos dos instrumentos de avaliación.
O libro de cualificación presenta, por defecto:
- A categoría de cualificación por defecto do curso: que a crea o Moodle e recollerá a nota final do curso.
- As actividades cualificables que teñamos creadas no curso.