Incluir o sistema de cualificación para unha categoría implica:
- Escoller o método de cualificación por categoría (media simple,media ponderada, etc.)
- Indicar o peso de cada elemento de cualificación ou subcategoría dentro da categoría que estamos a cualificar.
Recoméndase facer a ponderación por niveis de categorías. Así, no noso exemplo:
- Primeiro se ponderan as categorías de avaliación, que colgan da categoría predeterminada do curso,
- Logo procederemos coa ponderación por avaliación:
Sistema de cualificación para as avaliacións:
Sistema de cualificación para a categoría 1ª Avaliación: 20%*UD1+30%UD2+30%UD3+20%Contidos actitudinais.