Saltar navegación

Libro de cualificacións

Moodle permite engadir o proceso de avalación no propio curso mediante o libro de cualificacións.

libro de cualificacións recollerá:

  • Sistema de avaliación: mediante o uso das categorías de cualificación, cada unha das cales terá un método de cualificación (media ponderada, media simple, etc.) para o proceso de cálculo das cualificacións totais e parciais.
  • Instrumentos de avaliación: cós elementos cualificables, cada un dos cales recibirá unha cualificación e terá un peso na súa categoría correspondente.
  • Sistema de cualificación que se inclúe asignándolle peso aos instrumentos de avalación dentro da categoría correspondente.

Así, por exemplo, podemos crear unha categoría de cualificación por avaliación, e incluir dentro delas as categorías das distintas unidades didácticas en cada unha delas. Logo, as actividades ou elementos cualificables dunha unidade, as poremos dentro da mesma.

Para acceder á configuración do libro de cualificacións do curso:

Acceso libro paso 1
Licenza: Dominio público
Acceso cualificacións paso 2
Licenza: Dominio público