Saltar navegación

Paso1: Crear as categorías

As categorías de cualificación son recursos que recollen unha nota, xa sexa parcial ou total. Así, a categoría predeterminada do curso recolle a nota final do curso.

Observando os nosos cirterios de avaliación saberemos as categorías que temos que crear. Por exemplo:

  • Se poñemos unha nota por avaliación, precisamos unha categoría por avaliación.
  • Se poñemos unha nota por unidade didáctica (UD), precisamos unha categoría por UD.

Para crear unha categoría dende a Vista simple premendo en Engadir categoría

  • A primeira categoría sempre dependerá da categoría predeterminada do curso:
  • Para as categorías posteriores e as subcategorías, haberá que especificar a categoría pai:
Crear primeira categoría
Licenza: Dominio público
Crear máis categorías
Licenza: Dominio público
Crear subcategorías
Licenza: Dominio público

Na seguinte imaxe vemos un exemplo de categorías creadas para cualificar a 1ª avaliación:

Categorías 1ª avaliación
Licenza: Dominio público