Para crear unha rúbrica:
- Enumeramos os obxectivos da tarefa, que serán os criterios de cualificación da rúbrica, e o seu peso dentro dela.
- Identificamos os niveis de logro de cada obxectivo e asinámoslles un peso dentro do obxectivo.
Unha vez identificados criterios e os seus niveis, creamos a rúbrica:
- Escollemos se crear unha nova ou partir dunha xa feita e gardada como plantilla:
- A continuación, enchemos a rúbrica cós criterios de cualificación e os seus niveis que indican o grao de consecución dese criterio.
- Finalmente, configuramos algunhas opcións de formato e gardamos:
Cualificamos a tarefa coa rúbrica, marcando o nivel de logro de cada obxectivo facendo clic sobre el. Moodle marca cunha cor de fondo o nivel de logro escollido en cada criterio: