Saltar navegación

Cualificación avanzada

Os métodos de cualificación avanzada de Moodle, rúbricas e guías de corrección, describen as características específicas dun producto, proxecto ou tarefa en varios niveis de rendimento, cós obxectivos:

  1. Detallar o que se espera do traballo do alumnado
  2. Facilitar a autoavaliación por parte do alumnado
  3. Obxectivizar o proceso de avaliación para o profesorado
  4. Facilitar o feedback

Para empregar estes métodos:

Cualificación avanzada
Licenza: Dominio público

Comparación rúbrica e guía de corrección.

A guía de corrección, ao igual que a rúbrica, é un método de cualificación avanzada pero, persoalmente, atopo nela un gran inconveniente. Metres na rúbrica o alumno ve os niveis de logro de cada criterio de cualificación cós seus pesos, na guía só ve os criterios de cualificación e o peso total de cada un deles.

Rúbrica: vista alumno
Licenza: Dominio público
Guía de corrección: vista alumno
Licenza: Dominio público

Obviamente, pérdese en transparencia e no proceso de autoavaliación ao agochar os niveis de logro. Solución: por a mesma descripción para o alumnado que para os correctores. Na rúbrica non distingue entre correctores e alumnado.