Á hora de escoller unha rúbrica ou unha guía de corrección podemos empregar unha plantilla xa feita.
Empregar un modelo.
Ao premer sobre "Crear un novo formulario de cualificación a partir dun modelo", Moodle amosará todas aquelas rúbricas que teñan sido compartidas:
Crear un modelo.
Cando gardamos unha rúbrica ou accedemos á edición dunha guía de corrección, temos a posibilidade de gardala como modelo no sitio. Así, a posteriori, ese modelo pode servir de base para crear unha nova rúbrica ou guía de corrección: