Para crear unha guía de corrección:
- Enumeramos os obxectivos da tarefa, que serán os criterios de cualificación da rúbrica, e o seu peso dentro dela.
- Identificamos os niveis de logro de cada obxectivo e asinámoslles un peso dentro do obxectivo.
Unha vez identificados criterios e os seus niveis, creamos a guía de corrección:
- Escollemos se crear unha nova ou partir dunha xa feita e gardada como plantilla:
- A continuación, enchemos a guía de corrección cós criterios de cualificación, a descripción para o alumnado e para os correctores cós pesos da cualificación. Para que o alumnado vexa os niveis de logro hai que incluilos na descripción para o alumnado. A información para correctores só a verá o corrector da tarefa, non o alumnado.