Saltar navegación

Matrícula masiva

A matrícula masiva aforra tempo nos procesos de alta e matriculación de usuarios. Hai que pensar, que aínda que temos que recopilar igualmente a información, ahí remata o noso traballo na matriculación como docentes, e aforramos o proceso de matriculación. É aconsellable nos seguintes casos:

  • Cando o número de alumnos é elevado.
  • Cando non temos a certeza de que os alumnos estén dados de alta na aula virtual.

Nestes casos, sería aconsellable empregar a matriculación masiva, para o cal o profesorado terá que:

  • Recopilar a información sobre os usuarios.
  • Crear un arquivo coa información nun formato determinado que se lle pasará aos administradores/as da aula virtual. Hai que escribir os nomes dos campos rigurosamente, en inglés e sen faltas, tal como figuran. Noutro caso, a carga de usuarios fallará.
Matriculación masiva
Licenza: Dominio público
  • Pasar o arquivo con extensión CSV aos administradores/as da aula virtual.