Moodle proporciona tres modalidades de matriculación posibles:
- Matriculación manual dende o bloque de "Administración do curso" na opción "Usuarios".
- Automatriculación dende o bloque de "Administración do curso" na opción "Usuarios".
- Matriculación masiva dende o bloque de "Administración do sitio" na opción "Usuarios", "Contas" e " Cargar usuarios".
As dúas primeiras pode levalas a cabo o profesorado do curso, sempre e cando os usuarios estén dados de alta na aula virtual, mentres que para a matriculación masiva é necesario a intervención dos administradores/as da aula virtual.
|
|
|