Saltar navegación

Matrícula manual

A matriculación manual consiste en matricular, un a un, cada un dos usuarios do curso. É preciso:

  • Recopilar a información sobre os usuarios.
  • Asegurarnos que estén dados de alta na aula virtual.  De non ser así, poñernos en contacto cós administradores/as da aula virtual para que procedan á súa alta.
  • Matricular, un a un, a tódolos usuarios dende o bloque de "Administración do curso" na opción "Usuarios"
Matrícula manual
Licenza: Dominio público

Cando non aparece un usuario ao facer a súa busca pode ser por:

  • Que o nome polo que buscamos esté mal escrito: hai que ter en conta que se o nome inclúe un acento e non o poñemos, o usuario non aparecerá na lista, por exemplo.
  • Que o usuario non esté dado de alta na aula virtual.

En ámbolos dous casos, consultar cós administradores/as da aula para que confirmen se o usuario está dado de alta, e se non o está, procedan a crear a nova conta.