A automatriculación facilita o traballo do profesorado xa que delega a matriculación no alumnado do curso. Sen embargo, é preciso igualmente:
- Asegurarnos que estén dados de alta na aula virtual para que poidan iniciar sesión no Moodle e acceder a automatriculación do curso. De non ser así, poñernos en contacto cós administradores/as da aula virtual para que procedan á súa alta.
- Crear unha instancia de automatriculación na que se incluirá, por exemplo, un contrasinal para que non poida matricularse calquera que pase por alí, etc.
|
|
|
|
|
|
- Notificar ao alumnado o contrasinal de matriculación, tempo de matriculación, etc. O usuario terá que acceder á aula virtual, pinchar sobre o enlace do curso e ahí terá a opción para matricularse.