Section outline

    • Resultado de imagen para escenario de teatro dibujo:
      ÁBRESE O TELÓN!
      "Es teatro meterse en el pellejo de los otros, ponerse en situación, inventarse una vida, descubrir nuevos gestos". GIANNI RODARI

      Comezamos con este título o noso PDI (Proxecto documental integrado) que terá unha duración de dous cursos, o presente 2016-17 e o vindeiro 2017-18. Neste proxecto traballarán conxuntamente o equipo de TIC, o equipo de Biblioteca Escolar, o equipo de Normalización Lingüística e o equipo do Proyecto Europeo Erasmus+ co propósito de ofrecer recursos pedagóxicos para abordar o teatro, a animación teatral, e a expresión dramática na aula.


    • Resultado de imaxes para teatro para niños
      "XOGAMOS CO TEATRO?"
      1ª Parte. CURSO 2016-17

      Esta primeira parte do proxecto é a posta en marcha como marco de conceptualización previo a ter en conta antes do desenvolvemento práctico das nosas propostas individuais.

      Céntrase fundamentalmente no xogo dramático na aula. O seu obxectivo é propoñer que o alumnado adopte diferentes roles, desenvolvendo a súa personalidade, canalizando emocións e sentimentos, explorando e xogando a partir do “como si” a través de diversas situacións e empregando distintas técnicas dramáticas.

      Aquí o mestre intervén como provocador e coordinador das actividades que se xogarán con todo o grupo ou por equipos.

  • Resultado de imaxes para actividades
  • Resultado de imaxes para recursos tic