ÁBRESE O TELÓN! "Es teatro meterse en el pellejo de los otros, ponerse en situación, inventarse una vida, descubrir nuevos gestos". GIANNI RODARI
Comezamos con este título o noso PDI (Proxecto documental integrado) que terá unha duración de dous cursos, o presente 2016-17 e o vindeiro 2017-18. Neste proxecto traballarán conxuntamente o equipo de TIC, o equipo de Biblioteca Escolar, o equipo de Normalización Lingüística e o equipo do Proyecto Europeo Erasmus+ co propósito de ofrecer recursos pedagóxicos para abordar o teatro, a animación teatral, e a expresión dramática na aula.