Esta primeira parte do proxecto é a posta en marcha como marco de conceptualización previo a ter en conta antes do desenvolvemento práctico das nosas propostas individuais.
Céntrase fundamentalmente no xogo dramático na aula. O seu obxectivo é propoñer que o alumnado adopte diferentes roles, desenvolvendo a súa personalidade, canalizando emocións e sentimentos, explorando e xogando a partir do “como si” a través de diversas situacións e empregando distintas técnicas dramáticas.
Aquí o mestre intervén como provocador e coordinador das actividades que se xogarán con todo o grupo ou por equipos.