Proxecto Inspira STEAM
Un ano máis, o alumnado de 6º de primaria participou no proxecto Inspira STEAM, un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en sesións de sensibilización e orientación impartidas por mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía.
Este proxecto lévase a cabo a través da Universidade de Vigo e está promovido pola Universidade de Deusto.
Toupiciencia
Mandadiños do Entroido
Bo Nadal dende RadioBaión!
Obradoiro de Manualidades
Os días 17 e 18 de decembro coa colaboración da ANPA, organizáronse no centro varios obradoiros de manualidades dirixidos aos diferentes niveis e impartidos pola nai dun alumno do colexio.
Foron uns obradoiros nos que o alumnado puido desenvolver a súa creatividade e que serviron tamén para fomentar a relación e implicación das familias co centro.
O Apalpador
Este Nadal na biblioteca do colexio tivemos unha caixa do correo para botar nela as cartas para o Apalpador con desexos de ilusión, ledicia e tempo compartido coas familias.
Nadaliñas
Baixo o lema "Felicita o Nadal en galego", o alumnado fixo unhas nadaliñas que intercambiaron entre eles e elas.

O Magosto
O pasado venres celebramos no centro o Magosto. Asamos castañas e compartímolas entre todo o alumnado. Ademais, houbo xogos feitos con materiais reciclados, que resultaron moi entretidos e permitíronnos participar dunha maneira diferente. Foi unha actividade moi participativa, e que nos axudou a manter viva esta tradición do outono.