Webquest sobre o Día Mundial da Saúde
Proceso
Para a realización das tarefas seguiredes, por orde, os seguintes pasos:
Formaredes grupos de catro membros e repartirédesvos por parellas para realizar os seguintes traballos de investigación:
- Unha vez asiganados os vosos traballos, realizaredes a pescuda de información por parellas seguindo as instrucións dadas a cada profesión.
- Cando teñades completado o esquema/guión do traballo, xuntarédesvos en grupo para traballar como "Editores" dunha imprenta para elaborar os dous folletos informativos en formato dixital. O folleto e o díptico podédelo editar cun editor de texto en liña tipo Google docs, así facilitaravos a súa exposición á clase.
- Por último, cada grupo exporá os seus traballos ao resto da clase. Para elo, previamente, temos que colocar os documentos en internet cunha das opcións seguintes:
- En Google docs.
- En calamèo ou Issu. Se fixemos o traballo cun editor de textos no noso ordenador.
- Na aula virtual do centro. O titor nos dirá a que curso o subiremos.
- Como actividade final faremos, entre todos os membros de clase, a escolla do mellor traballo para ser publicado e repartido a toda a comunidade educativa o Día Mundial da Saúde.
O resto de traballos, que teñan unha valoración positiva, serán publicados na web e nos blogs de biblioteca e aula.
Instrucións para os equipos de investigación
Biólogos e biólogas
Vós encargarédesvos de pescudar sobre o virus do Ébola, atendendo especialmente aos seguintes puntos: Síntomas; Paises de risco; diagnóstico; como se trasmite a enfermidade; como se trata... As seguintes ligazóns teñen suficiente información para elaborar o díptico informativo:
- Ébola: que debemos saber. Folleto informativo do Sergas. (pdf).
- Algunhas cuestións sobre o Ëbola. Texto do Sergas. (pdf).
- Que é o Ébola. Web do Ministerio de Sanidade.
- Ficha orientativa para a recollida de datos:

- Médicos e médicas
Os médicos e médicas seredes os responsables de buscar información para elaborar un folleto informativo con pautas sinxelas e claras de como cuidar a nosa saúde que titularedes "Aprende a cuidarte". O folleto tratará os seguintes temas: Alimentación; descanso; exercicio; drogas; hixiene e enfermidades. Nas seguintes ligazóns atoparedes a información necesaria: - Aprende a cuidarte.
- Ficha modelo para a recollida de datos:

- Editores
Unha vez recollida a información necesaria para elaborar o traballo, xuntarédesvos todos os membros do grupo e actuaredes como editores. Para a elaboración do díptico sobre o "Ébola" e do folleto de "Aprende a cuidarte" debedes empregar un editor de textos, atendendo ás instrucións dadas nas seguintes ligazóns:
- Instrucións para elaborar o díptico sobre o Ébola e o folleto "Aprende a cuidarte".
- Modelos para elaborar o díptico do virus do Ébola:

- Modelos para elaborar o folleto "Aprende a cuidarte":

- Instrucións para elaborar o díptico sobre o Ébola e o folleto "Aprende a cuidarte".