Webquest sobre o Día Mundial da Saúde
Introdución
Pixabay. Illamento do virus (Dominio público)
Hoxe imos imaxinarnos que a Consellería de Sanidade acaba de confirmar que hai unha alerta sanitaria na nosa Comunidade Autónoma por mor do virus do Ébola.
Ante a preocupación que xurde na poboación da nosa contorna, na clase decidimos que temos que facer "algo" para informar á nosa comunidade educativa de como enfrontarnos a esta epidemia sen facer cundir o pánico entre os veciños.
Asemade, aproveitaremos a ocasión para elaborar unha serie de sinxelos consellos prácticos para aprender a cuidar da nosa saúde.
... estades preparados para exercer de biólogos e médicos?
... pois, imos aló!