Webquest sobre o Día Mundial da Saúde
Guía didáctica
Destinatarios
- Alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria
Obxectivos
- Coñecer a enfermidade producida polo virus do Ébola.
- Identificar a sintomatoloxía do virus do Ébola.
- Recoñecer as principais vías de trasmisión do virus.
- Ser quen de tomar medidas para evitar riscos de contaxio polo virus.
- Establecer unha serie de consellos para aprender a cuidar o seu corpo.
- Valorar a importancia de ter unha vida o máis saúdable posible para evitar enfermidades.
- Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
- Desenvolver a capacidade creativa para plasmar a información seleccionada en folletos informativos.
- Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), Internet a nivel de usuario, empregar algún programa de edición de textos.
- Ser quen de por en liña os traballos realizados.
- Valorar a importancia da conmemoración do Día Mundial da Saúde.
Contidos
- Que é o virus do Ébola.
- Sintomatoloxía do virus do Ébola.
- Diagnóstico da enfermidade causada polo virus.
- Transmisión e contaxio do virus.
- Medidas para evitar riscos de contaxio.
- Aprender a coidarse:
- Alimentación.
- Descanso.
- Drogas.
- Enfermidades.
- Exercicio.
- Hixiene.
- Metodoloxía das webquest.
- A "información en liña" como recurso para chegar á comunidade educativa.
- Os dípticos e trípticos como elementos informativos.
Competencias
Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:
- Comunicación lingüística (CCL).
- Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).
- Competencia dixital (CD).
- Aprender a aprender (CAA).
- Competencias sociais e cívicas (CSC).
- Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
- Conciencia e expresións culturais (CCEC).
Metodoloxía
- Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Fichas de recollida de datos e material para escribir.
- Software: Programas de navegación por internet, programas de edición de textos (Office, LibreOffice ou Google docs). Programas de edición de presentacións (Office, LibreOffice ou Google Presentacións). Aconséllase para traballar con contas de Google que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado..
- Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática para a pescuda de información, e no aula de clase o traballo de exposición.
- Organización alumnado: O alumnado traballará en grupo de catro membros, onde por parellas realizarán un dos traballos propostos no "Proceso" desta webquest. En gran grupo realizaremos a exposición dos traballos e o apartado de "Conclusións". As actividades de lecer pódense facer de forma individual ou nos grupos de 2 persoas establecidos.
- Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
- Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua, ciencias naturais e sociais, educación artística e as áreas transversais de "Educación para a Saúde".
Temporalización
- Catro sesións dunha hora no colexio, máis traballo para casa de pescuda de información.
Avaliación
- O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
- O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.