A nosa Biblioteca
Benvidos/as a nosa biblioteca!
A biblioteca do CEIP José María Lage é un espazo amplo, dividido en dúas zonas (fondos por idades e zona creativa) e está situada na planta baixa do noso edificio, no corredor de acceso a Educación Infantil.
Nela dispoñedes de gran variedade de fondos, xogos, materiais para escribir, pintar ou debuxar…
A nosa biblioteca forma parte do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), dende o curso 2012/2013 (PLAMBE 8) da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.