Esta iniciativa está integrada no programa municipal de conciliación "Conciliortigueira” e ofrece unha solución para aquelas familias que precisan coordinar a vida familiar e laboral, atendendo os menores de 7:30 a 9:30, antes do inicio da xornada escolar.
Ofrécense tres modalidades diferentes do servizo: diariamente con almorzo; diariamente sen almorzo; ou días soltos con almorzo. Pódese obter máis información no Centro de Información ás Mulleres (CIM) en Ortigueira, no Centro Social ou chamando ao 981 402 542.