Benvidos/as a nosa biblioteca!
A biblioteca do CEIP José María Lage é un espazo amplo, dividido en dúas zonas (fondos por idades e zona creativa) e está situada na planta baixa do noso edificio, no corredor de acceso a Educación Infantil.
Nela dispoñedes de gran variedade de fondos, xogos, materiais para escribir, pintar ou debuxar…
A nosa biblioteca forma parte do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), dende o curso 2012/2013 (PLAMBE 8) da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.
A nova mascota da biblioteca é “Dralibris, o dragón lector”, escollida este curso.
A Biblioteca está conformada por un Equipo, e este curso 2025/2026 está formado por:
- Elena Álvarez Iglesias
- Rocío Alonso Castro
- Gloria Quintana Fernández
- Margarita Rodríguez García
- Fernando Cancelo Pardo
- Fernando Fornos Aguiar
- Tamara Salgueiro Veiga (Coordinadora)
Dito Equipo conta cunha conta de correo electrónico á que vos podedes dirixir para calquer consulta: biblioteca.ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
