Saltar la navegación

Plan de ruta

Organizámonos para traballar

Carpeta de equipo

Para organizar o traballo, cada grupo creará unha carpeta onde irá metendo todo o material.

O plano de Tui

Temos un plano da cidade de Tui. Sabemos o significado dalgúns iconos, por exemplo, o que  representa a catedral. Pero outros non os coñecemos.

Imos a analizar a información do plano traballando en gran grupo. Podemos usar a  pantalla dixital.

Todo esta en el plano

Tomemos nota nos nosos cadernos e despois compartamos cos nosos compañeiros as respostas a estas preguntas:

  • Que representa o plano: a ciudade ou só a parte turística?
  •  Aparecen iconos?  Que cremos que significa cada un?
  • Hai  algún icono que represente a orientación?

A nosa tarefa

Cada equipo buscará en Internet iconos que sexan usados nos planos para representar os diferentes servizos e puntos de interese: a gastronomía local, os monumentos históricos, aloxamentos (hoteis, hostais...), hospitais, bibliotecas, concello, policía, transportes, aparcamentos, oficinas de información turística, establecementos de cultura e lecer...Traballaremos cos símbolos de iconos que podemos descargar en formato documento de texto.

Despois compararémolos cos que aparecen no plano que temos na pantalla. Agora sabemos que indica cada un. Atopamos símbolos moi diferentes para indicar o mesmo?

Démonos conta de que algúns servizos ou puntos de interese represéntanse igual porque hai un acordo internacional sobre iso. Atopamos algún símbolo deste tipo?

Compartiremos co grupo-clase as nosas conclusións e opinións.

A retroalimentación nos permitirá coñecer moitas máis cousas sobre os planos e os iconos que se utilizan.