Saltar la navegación

GPS

O título deste proxecto son as siglas GPS, que significan Sistema de Posicionamento Global e  que fan referencia a un sistema global de navegación por satélite (GNSS) que permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión de ata de centímetros.

Travel
josuemei72. Travel (Dominio público)

Imos a elaborar un itinerario interactivo que poida resultar atractivo e no que podamos ter información sobre a nosa localidade. Como faremos esta tarefa? Traballando en equipo tal e  como aparece a continuación.

Xuntos podemos ser extraordinarios!

Algunhas tarefas faremolas de forma individual pero para levar a cabo a maioría delas é necesario que traballemos en equipos. Traballar en equipo non é "sentarnos con outros tres ou catro compañeiros ou compañeiras e repartirnos a tarefa". Para ser un equipo (como os equipos deportivos) é necesario que teñamos claras estas ideas:

  • Os equipos teñen un obxectivo: que todos e todas aprendamos xuntos máis e mellor.
  • Todos os membros dun equipo teñen habilidades especiais. Todos e todas somos necesarios/as.
  • Os  acordos son tomados por consenso.
  • Cada membro do equipo ten un rol. Por exemplo, un pode ser o portavoz, outro o responsable do material, outro o buscador de información... Estes roles rotan entre os membros, isto é, nunha  tarefa ou dous teremos o mesmo rol pero en outras asumiremos outro. Así todos e todas coñeceremos en que consiste cada un.
  • Cada rol ten unha responsabilidade que debemos cumprir ( se pode escribir e asinar compromiso) porque disto dependerá o éxito de todo el equipo.
  • Nas tarefas que realizaremos haberá unha avaliación do traballo do equipo e outra para cada un dos membros.

Si non estamos acostumados a traballar así podemos preguntar ao profesor ou profesora que nos axudará a ir avanzando e mellorando nesta importante aprendizaxe. Porque aprender a vivir xuntos e aprender uns de outros é  esencial.

Durante toda esta secuencia formaremos parte dun "equipo de traballo". Podemos poñernos un nome de equipo e incluso facer un logo ou debuxo que nos represente.